ENTREVISTA-CHAT     ENTREVISTA-XAT     LIVE-CHAT
  Verdegaia
Jueves, 12 de agosto de 2010 a las 11:00h.
Dijous, 12 de agost de 2010 a les 11:00h.
Donnerstag, 12. August 2010 um 11:00 Uhr

Verdegaia

Miembros de la asociación ecologista Verdegaia charlarán con los lectores de Faro este jueves a la 11:00 para responder a las preguntas que deseen formularles acerca de su actividad así como de otros temas de actualidad relacionados con el medio ambiente.

Verdegaia

1. Boas. A primeira pregunta é obrigada. Que opinión vos merece a prohibición das corridas de touros en Cataluña? Queredes algo semellante para Galicia? Gracias.

» Dende Verdegaia estamos totalmente dacordo coa prohibición das touradas en Cataluña, o noso ideario recolle a defensa dos dereitos dos animais non-humanos e pola tanto entendemos as touradas como unha forma de maltrato animal.
Galicia e o resto de CCAA deberían tomar exemplo de Cataluña.

http://www.verdegaia.org/content/category/11/21/38/
http://www.verdegaia.org/content/view/1140/1/

2. Ola a todos. Entereime de que hai pouco convocastes unha manifestación pola macrodepuradora de Vigo. Quixera saber que opinades deste recente acordo para crear a nova depuradora.

» O sistema de depuración defendido polo colectivo non é a centralización do servizo a través dunha macrodepuradora se non a través dunha rede de pequenas depuradoras, cunha boa planificación urbanística e de separación de augas, e sempre respetando os espazos naturais do Concello. O proxecto da nova "macro" afectaría a cinco hábitats catalogados e protexidos pola Directiva Hábitats 92/43 / CEE, un deses hábitats veríase sepultado pola propia construción da nova depuradora que ademáis perpetuaría un sistema de depuración que se ten demostrado ineficiente.

3. como é que vos financiades? Hai xente na asociación que recebe algún tipo de contía económica por realizar labouras?

» Financiámonos a través das cotas de socias e socios, doazóns, venda de material e como máximo un 25% do presuposto anual da asociación pode estar cuberto con subvencións públicas. En Verdegaia non hai liberados nen contratados, o traballo feito na asociación é voluntario. Puntualmente remunéranse certas actividades que requieren dun perfil técnico determinado.

4. Cal credes que é o problemas mási importante a nivel ecolóxico que temos actualmente en Vigo? grazas.

» Consideramos que a causa de moitos problemas ambientais en Vigo derivan dunha falla de planificación histórica do territorio. Entre eles podemos citar o urbanismo; a falla dunha boa depuración de augas que afecta a todo ecosistema da Ría de Vigo; un modelo transporte baseado no automóvil privado; a degradación dos valiosos espazos naturais da comarca; a escasa conciencia ambienal da cidadanía e a inexistencia de políticas ambientais axeitadas das Administracións Públicas (Concello, Autoridade Portuaria, Xunta de Galicia..)

5. Pensades que as opcións políticas poden ofrecer algunha solución ao acelerado deterioro do medio que observamos ou a única vía con posibilidades de parar a voracidade do capital é a asociación cidadán en grupos como o voso?

» As opcións políticas actuais enmarcadas no sistema capitalista non ofrecen solucións reais ao deterioro vertixinoso do medio ambiente; a organización da sociedade civil vólvese imprescindible para aportar solucións aos problemas ambientais, pero a nivel institucional o sector político debería ter unha actuación responsable perante estes problemas e nós como asociación esixímosllo.

6. Hola. ¿Creéis que a asociaciones como la vuestra se les hace, digamos, "poco caso", socialmente? Me refiero a que si notais que se piensa "son cuatro hippies" y no se os hace el suficiente caso a nivel político o incluso de los medios de comunicación? Espero haberme explicado bien. Gracias.

» Máis alá da consideración que socialmente se teña sobre o ecoloxismo ou a nosa asociación en concreto, é certo que a visión estereotipada sobre o movemento ecoloxista impide a algúns sectores sociais, políticos e medios de comunicación apreciar a verdadeira importancia dos problemas ambientais que denunciamos.

7. Cal pensades que é a razón pola que a xustiza non se involucra verdadeiramente na defensa do medio ambiente mediante a investigación xudicial e a aplicación estrita das leis existentes?

» Existe lexislación ambiental pero o problema efectivamente é que non se aplica, principalmente pola falla de vontade política (a Administración é unha gran incumplidora da lexislación ambiental), así como a escasa conciencia ecolóxica dos administradores de xustiza que seguen considerando os delitos ambientais como delitos "de segunda". Con todo, valoramos positivamente a creación de Fiscalías especializadas en medio ambiente e a aparición de xurisprudencia conservacionista.

8. ¿Para la conservación de las "Islas Cíes pensais que es correcta la campaña publicitaria que se está haciendo diciendo que es la mejor playa del mundo? y ¿ que opina Vardegaia sobre las actuaciones constructivas que se están realizando?.

» Non. De feito pensamos que é unha campaña totalmente errónea e así llo fixemos saber ó Concelleiro de Turismo do Concello de Vigo cando comezou. Un Parque Nacional débese promocionar baseándose nos seus valores naturais e non dun xeito meramente turístico.

As actuacións construtivas en moitos casos non son as axeitadas para un espazo con ese nivel de protección e mesmo algunha delas como a pasarela de Punta Muxieiro constituiu un impacto ambiental intolerable coñecido de antemán polos responsables do Parque Nacional; por isto foi denunciado ante as administracións competentes e no xulgado.

9. ¿Cómo puede afectar a la Ría la construcción de puertos deportivos?.

» Os portos deportivos implican a construción de espigóns que varían a dinámica natural de correntes. Tamén fomenta o uso masivo de embarcacións de recreo que xeran un impacto no ecosistema da Ría, ademais do impacto paisaxístico e patrimonial.

10. ¿La ecología es siempre sinónimo de verdadera izquierda política?

» Non. O ecoloxismo non sempre coincide cunha definición política tan concreta. É certo que algúns dos sectores da esquerda teñen un discurso máis cercano ó ecoloxismo pero non sempre é así. En todo caso, Verdegaia é unha asociación apartidaria.

11. BOAS, por que a pesar de que en toda GALIZA ahi moitos problemas co AVE e moitos colectivos veciñais traballando por parte dos ecoloxistas so recibimos negativas a axudarnos nesta loita, por exemplo na parroquia de negros ( REDONDELA ) ou e que os ecoloxistas de hoxe en dia so se moven polo doado?

» Dende sempre, o movemento ecoloxista traballou o grave problema das infraestruturas no territorio, entre elas o AVE. Dende Verdegaia apresentáronse alegacións ós trazados, denuncias por verquidos de entullos procedentes das obras, destrución de acuíferos,accións de denuncia... en colaboración coa veciñanza na medida do posible.

Dende os colectivos ecoloxistas trátanse a cotío múltiples problemáticas e ameazas ó medio ambiente, en absoluto doadas, de xeito voluntario e desinteresado.

12. ¿Como se puede pertenecer o colaborar con Verdegaia?

» Pertencer a Verdegaia é doado xa que podes asociarte dende a páxina da asociación: http://www.verdegaia.org/component/option,com_mosforms/Itemid,235/

Dependendo do teu grao de implicación, podes asistir ás xuntanzas do Núcleo comarcal de Vigo o primeiro e terceiro martes de cada mes ás 20:30 h. na Asociación Cultural Caleidoskopio (Romil, 3); tamén podes participar nas nosas actividades que atoparás na nosa páxina web (roteiros, mercadiños de trocos, accións de protesta,...) ou aportar algunha habilidade ou coñecementos sobre calquera tema que tratemos. Ademais, podes colaborar economicamente connosco facendo unha doazón.

13. ¿Realmente el cambio climático está producido por el hombre o simplemente es el final de la salida de la última glaciación? Tengo entendido que en la mayor parte del tiempo biológico del planeta no hubo hielo en los polos, es decir, que la situación a la que nos enfrentaríamos sería "la normal".

» Os cambios climáticos son fenómenos naturais na historia xeolóxica do noso planeta. De feito, hai millóns de anos, Galicia tiña un clima subtropical. Pero a realidade actual é que a acción do ser humano, froito dun sistema industrializado radicado no crecemento ilimitado en base á extracción masiva de recursos naturais, está acelerando este proceso con consecuencias nefastas para a biodiversidade e a sociedade humana en xeral, especialmente ós países empobrecidos.

14. ¿Nunca os planteasteis convocar una manifestación en contra del HORROROSO centro comercial de A Laxe? Yo hubiera ido ENCANTADA y creo que muchos vigueses más también. Personalmente me encanta que existais pero me encantaría saber más de vosotros y que movilizárais más a la población.

» Realizáronse accións de denuncia durante a construción e o día da inauguración do centro comercial. Actualmente seguimos a traballar na problemática da mala ordeación do Porto de Vigo.

Se queres máis información sobre Verdegaia podes visitar a nosa web: www.verdegaia.org ou pasarte por algunha das xuntanzas do Núcleo comarcal de Vigo o 1º e 3º martes de cada mes a partires das 20:30 h. na Asociación Cultural Caleidoskopio (Romil, 3).

15. Hola, buenos días ¿qué es el ecopacifismo?

» Por definición, o ecopacifismo é o movemento social que mestura ecoloxismo e pacifismo. Entende a violencia dunha forma completa, non só contra as persoas senón tamén contra o medio natural. Así mesmo, tenta defender os seus obxectivos por vías non violentas.

Agradecémosvos as preguntas e o interese amosado polas problemáticas ambientais. Se queredes seguir o noso traballo ou colaborar connosco, consultade a nosa páxina web: www.verdegaia.org Moitísimas grazas. Apertas.

es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de  . Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.

Publicaciones del grupo
Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad