1. Desde IU se critica acertadamente que los partidos políticos coloquen a imputados en sus listas electorales, sin embargo, en la lista por Pinto Madrid y en la de Sevilla también figuran imputados, uno de ellos por cohecho y el otro en el caso Mercasevilla ¿es más fiable IU que otros partidos políticos, está más limpio de corrupción o nos va a mostrar la cara de la clase política que ya conocemos?
» Como sabrás quienes imputan a estos compañeros son los promotores inmobiliarios que pretenden enajenar el suelo público para intereses privados. Igualmente nuestro alcalde en Seseña ha pasado media legislatura en los juzgados por las decenas de denuncias de un tal Pocero que es el ejemplo vivo de un sector que ha acabado con la ilusión de muchos trabajadores y trabajadoras. Yo estaría citado igualmente si me viera en esa tesitura porque en el combate contra la corrupción inmobiliaria sabemos que la justicia no tiene la balanza equilibrada. La campaña del ABC de Sevilla contra IU lleva siendo brutal desde el día que entramos en la corporación y sabíamos que no se relajaría en campaña electoral. Ladran luego cabalgamos....
2. ¿Van a apoyar a PSOE y BNG, si se diera el caso, para formar gobierno? ¿Vale todo con tal de que no gobierne el PP?
» Somentes temos dous compromisos: co noso programa electoral e co votante de esquerda alternativa. Subsidiariamente con estes compromisos a propia defensa da nosa postura programática é coherente co feito de que non goberne o PP. Nese empeño está EU pero que a xente analice se o bipartito, sen sen formalmente de dereita, non gobernou con politicas de dereita nestes anos. Como decía Anguita: hai que quitar das institución non a dereita senón tamén as políticas de dereita que en ocasións non as fai o PP.
3. Buenas tardes Rubén,me gustaría saber cual es vuestra visión sobre una posible dinamización del mundo laboral en esta ciudad. Teneis además idea del desarrollo de otros sectores que puedan ayudar? Muchas gracias! Susana P.
» No noso programa puxemos enriba da mesa dúas propostas esenciais en creación de emprego e tecido productivo. Remunicipalizar os servicios públicos privatizados: auga, alumeado, transporte, gestión de R.S.U, para que ese beneficio brutal que levan empresas privadas desapareza, se abarate o servicio e se podan artellar reduccións da xornada laboral no sector público para crear máis emprego. Igualmente pensamos que os sectores primarios (nomeadamente o agrario e forestal) poden desenvolverse activamente en Vigo se modificamos un PXOM que somentes pensaba no noso rural e masa forestal como espacio urbanizable. Crear empresas municipais agroecolóxicas, forestais, de vivenda, de vias e obras, etc... é posible e se fai en moitos concellos gobernados por EU. Podes consultar as propostas ao detalle en www.euvigo.org
4. ¿Que es eso de crear empleo con empresa pública? ¿realmente solucionará el problema de la crisis y del paro?
» Sen lugar a dúbidas. Francia creou miles de postos de traballo tamén nos niveis das corporacións locais ao aplicar a lei das 35 horas no forte tecido público local. Imaxinade o que significa que toda a obra pública da cidade a leve a cabo unha empresa municipal de vías e obras primando a creación de emprego antes que o beneficio dunha constructora privada. Non é crear masas de funcionarios e funcionarias senón de traballadores e traballadoras do sector público.
5. Yo tengo la opinion de q desde el Concello de Vigo hay un afan recaudatorio con las multas, no una prevencion en seguridad vial?
» Por suposto. É e tal que se privatiza o servizo municipal de multas, dándolle a xestión a unha empresa privada que factura o 60% do que recauda o concello en multas. Nos pensamos por exemplo que no caso do multamóbil somentes debería executarse a partir da 3ª multa dun veciño ou veciña primando a prevención e non a recadación. É un exemplo claro para nós dun bipartito que fai política de dereita privatizadora.
6. ¿Va a estar IU a las órdenes de Abel Caballero?
» EU somentes está as ordes dos seus electores. Nin siquera sabemos ás ordes de que partido esta o señor Caballero porque parece que ás do que emana dos estatutos federais do PSOE non. Somentes temos claro que o voto anticapitalita e alternativo de EU ten un compromiso cos traballadores e traballadoras, ningún outro.
7. Buenas tardes, Rubén. Soy uno de tantos jóvenes preocupado estos días por encontrar un candidato que me parezca adecuado para poder votar con convicción. Seguro que eres consciente de lo que está sucediendo estos días en torno al movimiento #democraciarealya. Me interesaría saber qué intereses compartens estos ciudadanos "cabreados" con el sistema democrático imperante con vuestro programa general. Considero que las cosas empiezan por abajo, y un voto de cambio puede ser muy interesante en Vigo. Gracias
» Eu son mozo, traballador en ERE, anticapitalista e levo anos sufrindo políticamente unha lei electoral que afoga á opción politica que represento. Para min é un orgullo como cidadá o que pasa hoxe mesmo nas rúas dinamizado non só por DRY senón por moitas plataformas plurais. Quero que chegue o domingo e volte a ser un cidadá de a pé non un alcaldable para participar activamente e colectivamente neste exemplo social de loita e compromiso.
8. Qué harás por las mujeres de violencia de género y los sin techo?
» Seguimos defendendo a GOTA DE LEITE como centro de inserción social. Dende o Concello imos loitar para que non teña outro uso que non sexa o que realmente é urxente que é dar solución a integración das personas en situación de rúa. E por suposto EU como forza feminista está comprometida con que se dote á concellaría de igualdade dun 5% do orzamento total do concello porque o traballo de loita contra o terrorismo de xénero e urxente e inxente. Igualmente hai unha violencia contra as mulleres cada día máis dramática que é a explotación sexual das mulleres. EU denunciou por activa e pasiva a deixadez neste tema por parte do Concello, argumentado que os explotadores son hosteleiros. Podes consultar as propostas en www.euvigo.org
9. ¿Cal sería a primeira medida a tomar por EU na súa chegada ao concello?
» As doadas: derribar a cruz fascista do castro, revisar o sistema de contratación pública e prohibir o gasto de protocolo (coxíns, carteleria de alcaldía...) as máis traballosas: remunicipalizar os servicios privatizados: auga, alumeado, rede semafórica para que revirtan no beneficio común
10. desde IU cual es la postura acerca de lo que se cobra por acudir a cada pleno ( mas de 350 euros ) por concejal cuando es su obligación como representantes de la ciudadanía, pudiendo destinar ese dinero a un albergue por ejemplo gracias y suerte
» Eu creo que é insultante que as veces se convoquen plenos monográficos (1 tema) e se cobren dietas. Creo que un pleno ten que ser aberto, no auditorio municipal e as dietas teñen que ser simplemente polo desprazamento ao pleno xustificado ou o tempo que permanece o concelleiro no mesmo. E brutal que a hora no pleno saía a precio de controlador aéreo. Loitaremos porque sexa de acordo coa realidade sociolaboral da cidade. Por exemplo eu son traballador do metal e se asisto ao pleno se me pague pola equivalencia en horas que teño que ausentarme do meu traballo. Porque aínda que non o pareza os concelleiros tamén teñen vida e a dieta é precisamente para suplir o tempo privado ou laboral que empregas na "res publica"
11. Yo estoy convencida de q EU va entrar en el Concello, pero una vez conseguido tengo mis dudas sobre tripartidismos y esas historias. Tu q opinas sobre este tema? No es preferible no entrar en el equipo de gobierno?
» Non é o que eu prefiro, débome a un electorado e a un programa. Nos queremos somentes que non gobernen as políticas de dereitas, as faga o PP ou as faga o PSOE-BNG. Por iso como descoñecemos o programa real dos tres partidos imos a esperar a que o poñan enriba da mesa
12. Buenas tardes, veo que usted tiene relación actual con la informática, sector importante pero que por desgracia no acaba de despegar en Vigo, obligando a que profesionales titulados y válidos tengamos que emigrar fuera. Empresarios han comentado que Galicia carece de un parque tecnológico considerable. ¿Cuál es su plan para Vigo acerca de ésto?¿Potenciarán los sectores tecnológico, TIC e informático?
» A xeración que formamos nestes anos en TIC avanzadas está emigrando de xeito alarmante. Queremos I+M+D+I nas nosas empresas pero os que están destinados a facela están emigrando. É terrible que non se teñan artellado medidas fiscais que obriguen ás empresas a destinar obrigatoriamente parte dos beneficios en proxectos TIC que ademáis repercutiran na competitivade da mesma. Temos un sector empresarial mentalmente incapaz de innovar tecnolóxicamente.. e triste pero real
13. Ola Rubén ¿Por que non facedes os vosos mitins no novo auditorio, se é municipal? Un cordial saúdo.
» Non é municipal, é unha concesión a unha empresa privada que por certo se creou uns meses antes de inagurar o auditorio. O custe para unha asociación de vecinos ou un partido como o noso é brutal. Incluso o plego somentes artella 25 días ao ano gratuito para o propio Concello de Vigo. Loitaremos porque sexa público e de uso gratuito ao tecido asociativo da cidade
14. Outros partidos teñen propostas culturais importantes (creación dunha gran biblioteca, axudas para becas de idiomas, creación dun centro de fotografía e cine...) que son realmente interesantes. Que importancia ten a cultura para ti, e que farás neste eido se tes a oportunidade?
» A cultura non é algo suplementario do resto de realidades laborais na nosa cidade. É un sector importante de creación de emprego como así o ten reiteradamente anunciado a UNESCO. Lamentablemente nesta cidade prima a cultura do espectacular: grandes edificios e museos pero sen contido cultural, presentación de proxectos culturais nos que o orzamento vaise case en exclusiva na propia presentación, creemos nunha cultura do contido non do continente polo que defendemos que espazos como a actual panificadora conserven a infraestructura industrial actual para somentes actuar nos contidos culturais. Menos mármol e máis cultura.
15. Humanizar mas calles, racionalizar tasas a emprendedores,bajar tasas al q pueda crear empleo. Todo muy bonito pero como vamos a conseguir bajar los 61000 parados q hay en vigo, como vamos a levantar el sector naval y de la automoción yo tengo claro q con fuentes con luces y musica disco no, q harias tu?
» na nosa comarca hai 41.800 e pico parados, no último ano un 9,9 máis deles non teñen ningunha prestación. En marzo mentres inaguraban como posesos obras do plan E e plan 2011 Vigo aportou ao INEM o 70% dos parados de Galicia. O que se fixo cos miles de euros das famosas humanizacións e un crime contra a dignidade dos traballadores e traballadoras da nosa cidade. ¿Porqué non se creou unha empresa pública de vias e obras? é mentira que se crearan postos de traballo, somentes con ir aos datos da EPA as mentiras do PSOE e BNG quedan ao descuberto. O da forte con luces prefiro non falar para non alterarme que fai moita calor
16. ¿Que pensa do movemento do 15-M?
» exemplo de dignidade colectiva, compromiso social e aviso serio para os partidos, algúns xa tomamos nota fai tempo, sen a rúa non somos nada
17. Sr Pérez: Que cre vostede acerca das promesas de Esquerda Unida no veciño concello de Redondela do ano 2003 de non pactar co goberno e facer unha forte oposición, traizoadas despois das eleccións? Cre que lle pasou factura no 2007 este feito? Se sae candidato en Vigo tamén vai a cambiar partes importantes do seu programa electoral e deixar de lado os cidadáns? Moitas grazas
» En Redondela non se daban as condicións para gobernar co PSOE e o BNG. Moitos dos e das militantes de EU así o defendimos. Non vamos a ser "muleta" dun PSOE virado a dereita nin en Vigo nin en ningún concello.
18. ¿Por que non aceptaron unha candidatura forte de esquerdas pactando coa FPG coma ben fixeron en Cangas? Porque alí eran minoría e sabían que se non pactaban non sacaban? con esa actitude creo que tampouco sacarán en Vigo, Señor Pérez.
» Falamos coa FPG e con outras forzas. O que entendíamos e que era un proceso longo, de coñecernos na rúa e na realidade social, non só de unir as listas porque nós non somos electoralistas. En Cangas foi posible o acordo porque durante anos traballamos colectivamente no FORO SOCIAL, pensamos que en Vigo, e así vai no programa, hai primeiro que confluir nunha estructura semellante para logo ir converxendo. Incluso a propia dirección da FPG nos dixo que en Vigo non se presentaba co que a responsabilidade tamén será da propia FPG
19. Cuando un aparcamiento en Teis?
» Creemos que é unha zona propicia para un dos aparcadoiros disuasorios gratuitos con lanzadeira ao centro de Vigo que propoñemos dende fai 20 anos.
20. Sr. Pérez: En primer lugar de deseo mucha suerte. Y le pregunto, si usted consigue acta de concejal y es llave para formar gobierno, ¿exigirá a la nueva corporación que los documentos e información que se remitan a los ciudadanos sea en formato bilingüe?. Esto sería un acto de normalidad democrática.
» Remitireime a Lei e o que día a lei é que o idioma do Concello é o galego. ESQUERDA UNIDA cree perigoso para a nosa língua que os partidos a empreguen como arma arroxadiza.
21. Hola, me gustaría saber cual es su posición con respecto al tratamiento de residuos urbanos, del reciclaje, y de la posibilidad de aplicar el sistema de depósito, devolución y retorno (SDDR) que ya se aplica en otros paises de Europa como en Alemania, y con el que se consigue recuperar el 98,5% de los envases.
» Levo na miña empresa a ISO 14001 e coñezo moi ben a realidade dos residuos industriais e os R.S.U. Parécenos iniciativas interesantes as da bonificación en parking públicos mediante o reciclado ou ideas como as do concello de Basilea onde a reciclaxe se fai identificada cun código de barra e bonifica impositivamente ao cidadá que o fai. Beneficiar fiscalmente ao que recicla axuda a avanzar medioambentalmente
22. ¿Qué medidas piensa tomar EU en materia de empleo?
» remítote as preguntas anteriores, unha aperta
23. ¿ como podo defender o meu voto a esquerda unida ante o mal chamado "voto util" para os partidos maioritarios?
» Queda claro nas enquisas que en Vigo a forza que lle pode quitar o concelleiro que dá a maioria absoluta ao PP é ESQUERDA UNIDA. Aqui concentrar o voto progresista no PSOE e darlle maioria absoluta a Corina. Se entra EU o PP non ten maioria absoluta según o reparto de D´hont
24. ¿Como facer que os novos que emigraron fora poidan volver?
» crear emprego, tecido social e sobre todo acaban coa enaxenación da plusvalía. Somos o país da OCDE onde máis beneficios empresariais se produxeron nos últimos 20 anos e menos emprego se creou. Hai que parar o roubo do capital
25. Como licenciado en historia, coñece algún caso na historia da humanidade dun nacionalismo... de esquerdas?. O nacionalismo de esquerdas non ven sendo algo así como un calvo melenudo? Ou unha cousa ou a outra?
» O nacionalismo nada a corrente ou a contracorrente según lle interesa. O independentismo para mín sí ten connotacións de esquerdas sobre porque nútrese ideolóxicamente do marxismo e dos movementos de liberación nacional do terceiro mundo. Ser interclasista como se define o BNG é decir que eu como galego teño que ter máis de en común co presidente da patronal galega que cun torneiro fresador extremeño e eso é falso e por suposto non é de esquerdas
26. Vostedes din que nunca gobernarán con quen defenda o neoliberalismo, a destrucción ambiental, o poder das oligarquías, o velicismo etc... vaia, son conscientes de que entón non poden gobernar xunto a ninguén das restantes candidaturas?
» todo esto é o que defende a dereita polo que reitérome, non gobernaremos coas politicas de dereita veñan do PP ou veñan do PSOE
27. Esta claro q EU esta sonando fuerte para entrar en el concello, a veces hablo con jovenes y no tienen ilusion por nada ni ideales, en cambio con lo de DEMOCRACIA YA me he contrado una gran sorpresa salen a la calle y dicen lo q piensan, es el momento de volver a levantar el pais con una huelga general y q se nos devuelva todos los derechos por los q lucharon nuestros abuelos?
» Espero ansiosamente o 22 m para voltar a ser militante de base e poder participar pluralmente neste movemento que levaba anos esperando que xurdise. Ánimo a todos e todas os acampados
28. M gustaria saber su opinion sobre el sistema publico de guarderias q es totalmente insuficiente, mientras se subvencionan colegios privados?
» EU loitará para que ningún euro público vaia a mans do ensino privado. O populismo que vivimos nos últimos anos levou a gobernos de un e outra cor a financiar "gastos impropios" a cambio de autopublicidade electoral. Un concello non pode financiar con cartos públicos o elitismo escolar dalgúns.
29. Buenas tardes Rubén, y mucha suerte para el Domingo: Quisiera saber tu opinión sobre las protestas de los funcionarios de la xunta contra el plan de control laboral. No crees que si no hubiese de que preocuparse no deberían sentirse perseguidos? Y que te parece esa medida de control en el ayuntamiento, estarías a favor de aplicarla? Gracias y saludos. Carlos Castro López.
» Os funcionarios e funcionarias son traballadores e traballadoras como os que estamos na empresa privada. Loitaremos para erradicar esa dupla visión interesada. E polo tanto, este goberno pretende que a crise a paguemos os traballadores e traballadoras, e para conseguilo o primeiro é difamar e dividir. O mesmo plan de control laboral que o apliquen aos centos de cargos de confianza que enchen os gobernos municipais e logo falamos.
Gracias a todos e todas por participar neste espazo virtual. Quedan moitas cousas por contestar pero podedes consultar o resto da proposta en www.euvigo.org. Hai alternativa e hai esperanza para os traballadores e traballadoras de Vigo. Boa sorte