ENTREVISTA-CHAT     ENTREVISTA-XAT     LIVE-CHAT
  Ruben Pérez
Jueves, 17 de noviembre de 2011 a las 12:00h.
Dijous, 17 de novembre de 2011 a les 12:00h.
Donnerstag, 17. November 2011 um 12:00 Uhr

Ruben Pérez

La cabeza de lista del IU por Pontevedra responderá las preguntas de nuestros lectores el jueves 17, a las 12:00 horas.

Ruben Pérez

1. Que supón para Esquerda Unida o movemento do 15M?

» Para nós o 15M expresou na rúa o que EU leva denunciando: a poder dos mercados (denunciados en 1991 por Julio Anguita como inspiradores do modelo de Maastrich) sobre o poder político, a inxusta lei electoral, a corrupción institucional e política, dende a pluraridade e a converxencia nós sentímonos tamén parte do 15M porque tamén a xente que estamos organizados políticamente somos 15M

2. Bo día e un saúdo, Ruben: Qué opinades en EU dun futuro e necesario pacto electoral das forzas alternativas ao bipartidismo PSOE-PP, das forzas de esquerda real no Estado: BNG, ERC, FPG, os VASCOS, IU, EU, etc?

» Ese esforzo vimos de facelo coa Chunta, Batzarre, partidos Verdes e por suposto faltan moitas forzas ou faltamos moitas forzas nesa esquerda plural que temos que construir neste país e no estado español. Porque podemos diverxer no modelo de estado pero seguro converxemos en que hai que derrotar ó capitalismo, non reformalo ni rescatalo.

3. ¿Qué pode facer IU para frear a oleada de incrementeo do paro? e logo ¿para crear traballo para a xente no paro?

» Temos claro que o desemprego non é consecuencia causa-efecto da crise, en toda europa coa mesma crise financeira e económica as tasas de paro sn infinitamente inferiores ao estado español. Para nós que o equivalente ao 23% do PIB sexa fraude fiscal (diñeiro negro) e que as rendas do capital e do traballo non tributen igual significa que facendo unha reforma fiscal orientada á reintroducir os recursos na economía productiva e non especulativa é primordial para xenerar emprego. Ou mesmo reducir a xornada laboral e 35 horas para que o beneficio empresarial (dos máis altos da OCDE en España) repercuta na creación de emprego. Recoméndote consultar o noso plan de emprego en www.izquierda-unida.es porque poñemos cifras de onde sacar os recursos.

4. Respaldaría un referndun sobre a Independencia en Galiza??

» Como home de esquerda, como comunista e como persoa que cree na declaración de dereitos dos pobos da ONU por suposto que si. Ademáis creo que é o paso previo para construir o estado federal que defendemos en IU.

5. Cuantos votos necesita IU en Pontevedra para conseguir un DIPUTADO ?

» Votos depende da participación, algunhas enquisas (como a deste mesmo medio) otorgan a EU un 6% na provincia. Eso significa estar a poucos puntos do deputado polo que se pode vencer o muro mediático e tripartidista e ter un deputado que defenda os intereses dos traballadores e traballadoras

6. ¿Cuál es su opinión sobre las diputaciones? ¿Qué opina de la substitución de diputaciones por áreas metropolitanas para gestionar conjunta y correctamente el transporte público(lamentable hoy en día) o diferentes sectores? Saludos.

» O futuro dos nosos concellos depende de asumir (como sempre defendemos a esquerda social e política) o 33% do ingreso e polo tanto do gasto do estado. Se temos unha institución obsoleta e caciquil dificilmente poderemos non so avanzar na reforma e autonomía dos concelllos, senón que ideas como as áreas metropolitanas, moi avanzadas e cunha optimización de recursos en positivo, non terán futuro real.

7. Como afecta a actual lei electoral en canto á representatividade de IU no Congreso? Que propón IU ó respecto?

» Reforma da lei electoral que asuma por exemplo que a circunscripción electoral sexa a comunidade autónoma. Eliminación dos teitos como o 5% que fai que no concello de Vigo do concelleiro 19 ao 27 teñen menos votos que os que sacou IU. Colexio de restos para os votos que non dan deputado nas circunscripcións electorais e sobre todo control público do gasto orzamentario dos partidos en campaña que sexa real e equiparable a realidade económica do país

8. Que opina vostede de EQUO?. Cómo se presentan vostedes como opción verde si o movemento ecoloxista respalda unánimemente a EQUO?

» Non hai organización máis verde que IU neste país, pola vía dos feitos (loita contra a especulación inmobiliaria nas nosas costas, loita contra as centrais nucleares...) EQUO con todos os nosos respetos tiña que asumir que hai que unirse a unha esquerda plural e non xogar a desprestixiar a IU, sobre todo cando dentro dos seus promotores existen persoas relacionadas coa fundación AVINA creada por un magnate suizo do amianto para lavar a imaxe dalgunhas empresas multinacionais. E sobre todo, o movemento ecoloxista real dese pais, Verdegaia, Ecoloxistas en acción, Adega.... sobre todo É INDEPENDENTE DOS PARTIDOS, sexa cal sexa

9. ¿ Que medidas teneís pensado impulsar en la administración de justicia?. Nos venden que tenemos una buena justicia, cuando en realidad los juzgados están atascados, la delincuencia ha ascendido, la policia está cansada de detener a los mismos y verlos al día siguiente en la calle, lo mismo con las bandas extranjeras. Entiendo que hay que agilizar la justicia, endurecer las leyes y adecuarlas a la realidad. Que el ciudadano no se sienta indefenso como lo estamos ahora.......¿ Lo harán ustedes ?

» Eliminar de raiz a AUDIENCIA NACIONAL como instrumento pouco xudicial e demasiado político. Aumentar o personal de xustiza evitando a tasa de reposición de personal actual que está parando centos de miles de procesos xudiciais. A delincuencia neste país chámase fraude fiscal e incumplimento da legalidade laboral (23% do PIB) o das bandas estranxeiras é unha delincuencia menor pero magnificada nos medios. O maior porcentaxe de delitos neste país en canto a incrementos teñen que ver coa violencia de xénero e ninguén protesta públicamente por este terrorismo real que vivimos. A min me da máis medo Botín que unha banda albanesa

10. Le pregunto lo mismo que a las otras candidatas ¿qué piensa hacer IU por la racionalización de horarios de los españoles? ¿cuando nos acercaremos al modelo europeo, aunque sea un poco? Personalmente pienso que si no es por decreto, las empresas jamás se adaptarán a cerrar como muy tarde a las 18 horas, y el comercio, a las 19h

» Reducción da xornada laboral a 35 horas para conciliar vida laboral e familiar. Se queremos internacionalizar ás nosas empresas (que é o futuro ante un mercado nacional retraído) temos que unificar en ámbito europeo os horarios e sobre todo erradicar que teñamos a xornada laboral media das máis altas da UE (47 horas)

11. Hola: 1.-¿van a modificar la constitución para anular el senado? 2.-¿van a anular las diputaciones? 3.-¿van a promover que losp olíticos tengan las mismas obligaciones de años trabajados para obtener la pensión por jubilación o seguiran siendo ventajosamente diferentes en esto y otros aspectos al resto de españoles? 4.-¿van a bajar más el sueldo a los funcionarios?¿se lo subirán cuando acabe la crisis? muchas gracias

» O noso ex-coordinador Julio Anguita renunciou a moitos destes privilexios (entre eles a xubilación vitalicia) por decencia e porque figura no noso programa que os privilexios políticos hai que erradicalos sen que signifique perda de dereitos. As diputacións e o senado si hai que eliminalos pero tamén o ministerio que máis nos custa os españois o de defensa, terá que ser minorizado. O único xeito de xenerar consumo neste país é subir as pensións e os sueldos dos funcionarios que son os únicos que agora teñen capacidade de gasto (os que estamos nas empresas ou os parados contraemos o gasto por realidade ou por previsión)

12. estimado señor 6.000 millones de euros/año. 500 en galicia nos cuesta la distribucion de medicinas mediante la farmacia privada, cuando si lo realiza la sanidad publica directamente a los enfermos donde estan los medicos nos sale casi gratis y es mas comodo, ,no hay desplazamientos ni perdiadas de tiempo,que sucede,tanto poder tienen las farmaceuticas ,si el dinero es publico de todos nosotros....

» Defendemos o sistema sanitario público e que as farmacias como servicio público estén somentidas a control de precios e stock mínimo de medicamentos. Ese montante loxistico que ti indicas é case o mesmo que a participación española no Eurofighter (10% de CASA nun proxecto militar de 60.000 millóns) e creo que é prioritario distribuir menciñas antes que fabricar cazas de combate

13. Ud. no cree que es inasumible un estado de las autonomias que no nos podemos permitir y si IU estaría de acuerdo con la devolución de competencias como Educación y Sanidad al Gobierno Central así como la eliminación de las diputaciones y que esa labor la asumiesen las autonomías ? no cree que es urgente adelgazar el sector publico para que el sector privado y los ciudadanos no tengamos que soportar el peso de una admistración que no podemos asumir ni pagar ?

» O que denunciamos que errores e privatizacións encubertas que se daban por exemplo no INSALUD se leven a cabo no servicios autonómicos de saúde (Cataluña é un exemplo real) recentralizar para cometer os mesmos erros non sirve de nada. Portugal ten centralizado todo o sistema público e está vendo como é incapaz de asumir dende Lisboa todo o sistema coa súa universalidade. a cuestión non é centro periferia senón xestión correcta ou despilfarro

14. Vostede fala da defensa dos traballadores e traballadoras, sen embargo vostede garda relacion co sindicato CCOO, que firmou a actual reforma laboral. Por que teriamos que crer que vostede vai a facer esa defensa da clase traballadora?

» É mentira que CCOO firmou a actual reforma laboral, o que si firmou e a reforma das pensións cousa que consideramos dende IU gravísima. Eu como traballador considero que hai que estar nas organizacións sindicais precisamente para cambialas cando non responden aos intereses dos traballadores e traballadoras. Dende fóra pouco podemos facer para cambiar os sindicatos. E eu elixo CCOO porque dende sempre os homes e mulleres de esquerdas sabemos que hai base para voltar a ter o sindicato que foi con Marcelino Camacho. De tódolos xeitos sen sindicatos neste país como di Intereconomía o teríamos moi dificil...Lenin decia que se non estábamos os traballadores e traballadoras nos sindicatos tomados pola burguesía pouco poderíamos facer por tomalos os traballadores

15. ¿Como recuperar o diñeiro roubado o povo dos chamados paraísos fiscais?

» Reforma fiscal e nova lei de enxuizamento para delitos económicos. Aumentar a inspección fiscal permitindo aos técnicos de facenda facer labores que hoxe en día fan os inspectores (moi escasos por certo). Prohibir aos fondos de inversión entrar en negocios ou empresas estratéxicos como o sector naval ou o transporte ferroviario. Implantación dun imposto sobre transaccións financeiras (ITF). E sobre todo eliminar as SICAVS, para que ese diñeiro volte temos que modificar organismos opacos como o FMI e o BM pero alo menos imos de principio a impedir que sigan saíndo

16. ¿cuál es vuestra propuesta para mejorar la situación de España? Le diré las mías: invertir en investigación para poder competir a nivel puntero en algo (no en turismo y ladrillo) y recuperar el prestigio en la Educación, como en los países nórdicos. Ello implica cambiar desde la base todo el concepto educativo. E implica todas decisiones poco políticamente incorrectas, como que no todo el mundo vale para estudiar, por lo que no hay nada malo en instaurar un dignísimo FP a partir de los 14 años.

» Dificil responder a todo esto nun chat pero remítote ao noso programa. De tódolos xeitos o I+D-i que se fala neste país é un fraude de inicio se os que están chamados a facelo (inxenerios, técnicos cualificados...) están marchando do país a moreas. Somos dos paises da UE-27 que menos invertimos en educación polo que, tendo unha débeda pública por debaixo da UE, aínda podemos aumentar o gasto público neste campo. A FP é o gran fracaso que plasma este feito

17. Buenos días, mucha suerte para el 20N. ¿Son conscientes del enorme atraso que existe en Galicia en i+d+i ?¿Van a invertir en tic ,software factorys y demás? Es increíble como en el sur gallego salen informáticos y telecos excelentes que por vivir aquí tienen tres opciones: 1-Trabajar de lo estudiado en condiciones abusivas y con escasa valoración y retribución (si hay suerte).2-Emigrar a otra comunidad o país para trabajar de lo estudiado (lo que ocurre desde siempre y es preocupante para el futuro gallego) .3-Trabajar en sectores que no tienen nada que ver como hostelería o supermercados para quedarse cerca de los suyos…un saludo y muchas gracias.

» Eu traballo nunha empresa tecnolóxica que facemos algo de I+D+i, nunca recibimos subvencións do IGAPE e resulta que co BNG e agora co PP algúns empresarios que nin siquera compraron maquinaria o sofware para eses proxectos recibiron miles de axudas públicas. O fraude no I+D+i neste país é tal que moitas empresas nin saben o que é e o que fan e activar facturas correntes. Hai que educar ao tecido productivo en que tipo de I+D+i precisa ó pais e non en como bonificar o imposto de sociedades co mesmo

18. ¿qué piensa hacer IU para ayudar a los autónomos y pequeños empresarios? ¿cuándo se dejará de identificar empresario con explotador, cuando somos los que levantamos cada día el país? ¿quién va a dar empleo si cada día es más difícil crear y mantener una empresa en este país?

» Remítote ao noso programa para PYMES e AUTÓNOMOS porque cando criticamos ao sector empresarial non nos referimos ao 53% de empresas deste país que non teñen ningún traballador ou ao outro 23% que teñen menos de 9. Estas empresas si que sufren a crise polo que pedimos sustituir o sistema actual de módulos polo de facturación estimada e as axudas á cambio de erradicar que haxa ese case 90% de empresas con menos de 10 traballadores. Curiosamente as axudas públicas maioritariamente van para ese 10% de empresas que logo fan o 78% do fraude fiscal e a evasión de impostos deste país

19. Si ya cayó el telón comunista, y se demostró que el socialismo es utópico, a pesar de todo, ¿fomentaréis la fuga de cerebros al favorecer al gandul que no le dio la gana de estudiar en detrimento de los empollones que se lo curraron para tener lo que tienen ahora, tales como médicos, profes... funcionarios intelectuales que con sus recortes están pagando a tantos stand by con desmotivadores 420?

» Ese pensamento demostra que non sabes en que país vives porque o desemprego actualmente non ten un perfil e se visitas unha oficina do servicio galego de emprego verás tanto a ese rapaz con masters, cursos e experiencia como ao "gandul" que ti denominas buscando emprego, as categorías retóricas que facemos ás veces son moi perigosas

20. ¿ Endurecerán ustedes las leyes actuales en los temas de delincuencia ?.¿ Cambarán las leyes para que de una ve estas esten del lado de las victimas y no favoreciendo a los delictuentes ? Casos como el de Marta del Castillo y otros que se ven a diario de delincuentes se les detiene muchisimas veces y al dia siguiente están en la calle, son casos muy sangrantes y que ya rozan el ridiculo de la justicia en este páis. Y que decir de bandas de rumanos y otras nacionalidades extranjeras, que campan a sus anchas por este país y no hay forma ni de identificarlos y aún apresándolos, quedan en libertad y luego no hay forma de localizarlos.

» Os maiores porcentaxes de delitos neste país (consultables na web do ministerio de interior) son delitos que fan cidadáns españois. A delincuencia extranxeira é minoritaria pero os medios a engrandecen sen dúbida por morbo informativo. Endurecer as leis provoca o efecto contrario como o caso dos EEUU donde teñen case un 1% de poboación reclusa e un sistema penal moito máis duro que aqui. Hai que traballar cos nosos mozos e mozas e para iso fan falla traballadores sociais (inexistentes neste pais) non xuices

21. HOLA, LLEVO EN PARO DESDE HACE UN AÑO Y MEDIO, EN MARZO SE ME ACABA LA PRESTACIÓN. MUJER CASADA CON DOS NIÑOS, 39 AÑOS. ESTUVE TRABAJANDO 13 AÑOS COMO ADMINISTRATIVA.¿QUÉ POSIBILIDADES TENGO DE ENCONTRAR UN PUESTO DE TRABAJO?.... VEO ESTA POSIBILIDAD COMO UN IMPOSIBLE. ¿QUÉ PLANES DE EMPLEO TENÉIS?¿QUE MEDIDAS TOMARÉIS PARA IMPULSAR LAS CONTRATACIONES?¿QUÉ MEDIDAS TENÉIS PARA LA PROTECCIÓN EN SITUACIÓN DE DESEMPLEO?UN SALUDO.

» remitote as preguntas anteriores pero hai que distribuir o emprego e a riqueza. Hai que exterminar ás horas extra que tanto emprego teñen destruido no nos entorno industrial máis cercano

22. CCOO firmou que a xubilacion fose aos 67 anos. Esta vostede de acordo?

» Iu votou en contra e explicamos aos compañeiros de CCOO que se equivocaban ao pensar que por rebaixar algunhas das propostas iniciais (67 para todos os caso decía o goberno) e conseguir algunhas situacións nos que si te poder xubilar os 65, non se xustificaba a firma do sindicato.

23. Mucha suerte para las elecciones. Me gustaría que me dijese que dos o tres medidas son prioritarias para su partido para salir de la situación de crisis económica.

» máis gasto social (como así o ven a demostrar os datos do INE que coñecimos esta semán), persecución do fraude fiscal (equivalente oo 23% do PIB) e nova fiscalidade para que paguen máis os que máis ingresan como di á consitución española. O resto de propostas están arriba contestadas ou no programa www.izquierda-unida.es: E sorte sobre todo para ti que veñen tempos duros

24. Soy de aquellos que piensa que los casos de corrupcion en españa y el cobro de comisiones ilegales que hasta ahora conocemos son solo la punta del iceberg. Harian algo al respecto?.

» O facemos porque dos máis de 2300 concelleiros e concelleiras de IU ningún esta imputado en casos de corrupción. A reforma da contratación pública nos concellos axudaría a que moita comisión ilegal ou "enchufe" deixara de interactuar no noso entorno

25. ¿como legislaría IU la conciliación de la vida familiar y laboral?

» En 1998 presentamos unh ILP para pedir a reducción da xornada laboral a 35 horas sen reducción salarial porque neste país os beneficios capitalistas eran brutais e as xornadas alongábanse. Hoxe pedimos o mesmo porque os beneficios do gran capital siguen por enriba da media da OCDE e temos xornadas brutais igualmente (incluso aumentadas polo medo ao despido). Hai que traballar menos xornada para traballar todos sen nengunha dúbida

26. Muchos expertos en economia, consideran que el sector público es imprescindible como motor para superar la crisis.España está quedándose sin este sector debido a las privatizaciones (Telefónica, Repsol, AENA, etc.) en Vigo lo mismo. Que opinión tiene Vd. al respecto.

» Non só e imprescindible senón que a entrada en barrena da economía española neste trimestre ten moito que ver co recurte social e as privatizacións. A débeda deste país e esencialmente privada, a débeda pública (a que acude o estado para financiar as súas infraestructuras por exemplo) e menor que a UE (88% do PIB) e 74% en España, nos pedimos incrementar un 4% do PIB en inversión pública e no noso plan de emprego e reducir a débeda privada (especialmente a familiar mediante o pago en dación)

27. ¿cal e a túa opinión da Renda Básica de Ciudadanía? Penso que IU xa a levou no seu programa hai anos, pero quedou no olvido

» Non so IU leva sempre esto no programa senón que o propio PCE sostinña en 1979 que era posible ante o proceso de acumulación capitalista en España asegurar por lei a manutención, vivenda, educación, de forma directa (renda) ou diferida (o salario diferido que se chama)

28. Que opina Ud.de que los partidos politicos se paguen sus costosas campañas electorales, y no el ciudadano de apié

» Os partidos teñen que ser especialmente austeros no gasto, os resultados dos partidos teñen que ser acordes aos votos non aos miles de millóns que invirten en obtelos. Non hai nada malo que os partidos esten dentro dos orzamentos do estado pero o que é obsceno e que miles de euros en campaña condicionen o voto da xente.

29. Porque en su programa electoral no incluye propuestas de deducciones en la declaración de la renta y que deduzcan, facturas médicas, alquileres de pisos, etc......... ¿ no han pensado la cantidad de fraude fiscal o dinero negro que eso destaparía aunque al contribuyente nos dedujese algo ?

» Creo, e falo de memoria, que existe un capítulo de reforma fiscal no que falamos non so de deduccións especiais senón tamén de aplicar IVA reducido a carnes, peixe fresco, etc... o fraude fiscal neste país (dito pola propia axencia tributaria) e abrumadoramente empresarial, 87% polo que o fraude das familias e dos particulares non é o problema

30. ¿Cómo considera que España debe hacer frente a la dictadura de los mercados que vivimos hoy en día?. ¿Es necesario para ello salir del euro?. Enhorabuena por vuestro trabajo.

» Julio Anguita cando votou en contra do tratado de Maastrich dixo que era un modelo feito para os mercados e non para as personas, o euro é un exemplo de este modelo erróneo de construir europa

31. ¿De dónde sacaréis el presupuesto para crear todo el empleo que promete Cayo Lara?

» Esta no programa pero poño un dato, nos falamos dun plan que custa 43.000 millóns de euros e o fraude fiscal anual sumado ás "vacacións fiscais" que o propio PSOE recoñece en 28.000 millóns en forma de bonificacións, exencions... suman tres veces máis que o custe do noso plan. Estamos nun país onde os que gañan entre 60.000 e 120.000 euros ao ano xa non tributan no tramo do 45% do IRPF e si no 43% o que significa baleirar de recursos para xenerar emprego e polo tanto riqueza

32. a pelexa por ter voz galega en Madrid e evidente pero que hay que facer para terminar co "cainismo" norte sur que existe en Galiza, remitome ao tema da distribución das infraestructuras ferroviarias ou aeroportuarias e a ultima da prevalencia de un porto sobre outro. sorte e gracias.

» É surrealista pensar que Galicia pode manter 3 aeroportos e 3 entradas de AVE, quen defenda o contrario minte porque a caída dos pasaxeiros tamén será incrementada porque AVE e AEROPORTO son infraestructuras que compiten, hai que erradicar o AVE da axenda politica e falar de ferrocarril sostible e trens de velocidade media como o TALGO con melloras da vía. A pelexa das infraestructuras é demagoxia da pura

33. como lograrian cambiar el sistema economico en el que vivimos cuando todo el poder reside en "los mercados",que son quienes en realidad dirijen el camino economico de un pais, y no sus gobiernos?

» Algunha idea adiantei antes pero sobre todo temos que elexir entre DEMOCRACIA ou MERCADOS, entre Botin ou o voto democrático e activo da cidadanía

34. Cree que a eliminación da Monarquía Española e das axudas á igrexa poderían ser unha solución?

» 10.000 millóns de euros anuais que se lle perdonan a igrexa no noso sistema fiscal, miles de millóns en forma de IBI polos edificios eclesiásticos (centos en Galicia) que deixan de ingresar os concellos. Unha monarquía caduca, herdada do franquismo e que encima especula nos mercados financeiros como se fora un fondo de capital risco, ESTADO LAICO E REPUBLICANO por decencia e por sentido común.

tentei ser rápido porque os tempos son para que preguntes e os politicos escoitemos, ánimo a todos e todas porque veñen tempos duros e a unidade e solidaridade van a ser imprescindibles como imprescindible é unha IU forte para que a correlación de forzas sexa favorable aos traballadores e traballadoras. Grazas a todos e todas e como dixo Marcelino Camacho Sempre adiante, sempre á esquerda...;)

es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de  . Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.

Publicaciones del grupo
Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad