1. como puedes ser tan buen actor y comico ,eres un hacha.
» Moitas grazas, pero penso que o único que intento é facer o meu traballo e escoitar moito, a única maneira de aprender é escoitar. Unha aperta
2. Xosé Antón graciñas por facer e bo humor. Graciñas por facernos rir. Unha pregunta: ¿O qué o comediante que admiras?
» Pois a todos, facer rir non é fácil, é unha cousa moi seria. Por iso todo o mundo que ten a valentía de subirse a un escenario xa ten a miña admiración. Aquí temos grandes cómicos: Quico Cadaval, Carlos Blanco ou Pepo Suevos.
E de fóra, Gila para min foi o máis grande.
3. No me disgusta el humor que hacen las Cantareiras de Ardebullo pero van camino de convertirse en "habituales" de la TVG como Piñeiro, Gayoso y otros. ¿No tiene miedo de que ell público acabe cansándose de Mucha y Nucha¿
» Medo non, pero tes razón que todo ten o seu tempo. Mucha e Nucha agora mesmo están de vacacións. Pero os nomes que escribes: Piñeiro, Gayoso,... son referentes magníficos, se te refires a que cansan, porque levan máis de 20 anos na TVG e seguen estando, ogalla que Mucha e Nucha duren 20 anos!
4. Seguro que te alegras de que te haga esta pregunta: no temes encasillarte en tu papel dentro del dúo de ardebullo?
» Non, porque estou facendo máis cousas. Penso que é o mellor que poidemos facer Marcos e eu, non centrar o traballo só en Mucha e Nucha, senón diversificar, traballamos en proxectos moi diferentes.
5. Moita tele si, pero ¿ pero para cando no cine de verdade ? Tiveches algunha oferta, nos queres ou es que non te atreves. Que saibas que eres un crack.
» Todo se andará... algunha proposta hai. Agora teño moito choio en Tourilandia. Hai que levantar un país!
6. Bos días, Touriñan. ¿É certo que nunca máis imos velas Cantareiras de Ardebullo?, ¿a que obedece que xa non poidamos disfrutalas?, ¿estades cansos delas?, ¿xa están moi quemadas?. Veña, recapacitade, que moita xente empezamos a botalas de menos.
» Só están de vacacións, estade tranquilas e tranquilos que seguro que logo volven. En todo caso, seguro que se van poder ver en directo en algún teatro ou nalgún campo da festa. Están cargando as pilas!
7. q se chabaman as cantareiras de ardebullo por xa no vai representar a mucha por certo desde mera (oleiros ) feliz ani novo
» Saúdos para mera, e... Mucha ha volver, e as Cantareiras viven en Ardebullo de aí o nome. un bico
8. na televisión tamén se nota a crisis?
» Moito, os presupostos baixaron e a saída de novos programas ou series foi a menos, o que conleva que teña moitos compañeiros/as con pouco traballo. Eu teño moita sorte, colléume o meu mellor momento nestes tempos de crise. Teño traballo.
9. Esto no es una pregunta, es una recomendación: No te quemes, es mejor un poco de menos que pasarse al exponerse en los medios. A veces perdiendo se gana, aprende de la lección de Roberto Vilar. Suerte.
» Non entendo, cal é a lección? Pero estou de acordo co expoñerse demasiado nos medios, pero alguén me dicía unha vez: Aproveita, porque que o que queima é estar na casa sen traballar.
O noso traballo consiste niso en estar na pantalla. graciñas
10. Eu prejunto por prejuntar,e falo asi porque te coñezo,ti eres tan carallan na vida real coma na farandula??? Eres boa persoa(constame moito) pero vaiche rollo de carallo,hasta cantos anos pensas sejir asi???
» Son bastante máis serio e tímido na vida real que o que se pode ver na televisión.
Ogalla que esto dure moito tempo. apertas
11. ¿quenes son Os Mais JRandes!!?
» Mañá á tarde desvélase quen son os máis grandes, pódelo ver nas redes sociais ou na páxina web.
Que nervios!!
12. Cuando escriben en las redes sociales de Tourilandia eres tu o tienes a un equipo detras? Y los guiones? Enhorabuena por el programa..
» Hai un equipazo detrás de todo, eu respondo nas miñas contas o resto levao o equipo de Airapro. E o guión escribímolo entre Belen Regueira, Gandalf Gambarte, Pepo Suevos, Araceli Gonda, Roberto G. Méndez, Oswaldo Digón, Fede Pérez, Noemi Ferreiro, Marcos Pereiro...e eu un pouco.
Uns equipazos!
13. De onde sacas tanto maxin para as persoaxes, e poderías deixarte caer pola vila de Sarria ti e máis Marcos algún día?
» Escoitando e ollando o que pasa na vida, mirando á xente... e despois sae.
Sarria preparádevos que calquer día pasamos por aí!
14. Ola, pódese vivir na galiza de facer humor, teatro e tv?
» Estamos nunha época díficil, pero somos uns cuantos os que vivimos disto en Galicia.
Se fas humor, teatro e tv á vez seguro que vives ben.
15. Saúdos Xosé. O outro día ao principio parecías bastante nervioso, pero a medida que foi pasando o programa fuches collendo máis soltura, ainda que eso supoño que será cousa de ir collendo confianza aos poucos. ¿Cál pensas que foi o maior escollo do primeiro programa?
» Pois estar atento a todo, a parte dos nervios, se cadra eso é o máis díficil. Eu nunca fixera este choio, entón aínda teño que aprendelo.
16. Cando asumiches que o teu programa fora o sucesor de Land Rober non che deron medo as comparacións que a xente poidera facer. Xa sabes... o outro era mellor, ...
» Sei que ten que ser así, é un o programa que sustitúe a outro.
As comparacións son lóxicas, e máis ao principio. Pero, por suposto que non me dan medo, estou encantado porque traballo cun equipo estupendo e o que temos que conseguir é facer o noso programa.
17. ¿ Terá tanto éxito Tourilandia coma as Cantareiras de Ardebullo? Saúdos.
» Ogalla! As Cantareiras son irrepetibles. Mira Ardebullo sendo unha aldea, a día de hoxe, é moito máis grande que Tourilandia sendo país.
A Tourilandia aínda temos que facelo medrar. Apertas
18. ¿Piensa actuar en solitario, o busca una persona o más, para realizar un grupo para formar los distintos o distintas actuaciones? ¿Piensa continuar en la TVG, o se hará un profesional del humor con actuaciones individuales en los distintos medios?
» Penso en facer o programa da semana que ven. (xa sei que parezo un adestrador de fútbol).
Non sei o que vai pasar no futuro, agora temos moito traballo co programa, e non me dá tempo a pensar no que farei máis adiante.
19. Como veciña de Cambre teño unha gran curiosidade persoal ¿ten Marcos Pereiro moza? jejejje
» No sabe no contesta
20. O primeiro programa foi algo complicado por iso de ser o primeiro e demáis.. pero unha vez vista a resposta do público, cunha semaniña máis como rei de Tourilandia e xa curtido en entrevistas... como foi o segundo? Un bico moi forte! Cris
» A resposta do público no primero foi xenial. o segundo foi mellor de ritmo pero eu aínda necesito quilómetros de rodaxe. un bico cris
21. Te considero un buen humorista pero no me gusta ese disfraz de viejas. Quizá ese personaje es el que menos me gusta. ¿Será que ese humor esta pensado para gente mayor?
» Se só miras o vestuario... ao escoitar o que falan Mucha e Nucha creo que se ve que o humor que fan é para todo tipo de idades. A min fanme graza, ríome con elas.
22. Hola, nucho!! Vexo na web da OPINION que dous colegas teus, os de faemino e cansado, din que o humor non da prestixio pero é o que move máis espectadores. Será por iso que Matías Prats presenta informativos...?? jeje. Noraboa polo voso traballo de Cantareiras e sorte nos teus proxectos
» Estou de acordo con eles, o humor sempre se víu como de menos categoría, pero a verdade é esa, move máis público, polo tanto é máis negocio.
O de Matías Prats será polo pai, xa lle vai no sangue.
Graciñas unha aperta
23. sempre fuches tan ocurrente?? notase que improvisas moito e iso gusta. longa vida ás cantareiras...
» Graciñas. o punto da improvisación é básico para poder facer humor todas as semanas.
24. Teño unha dúbida. ¿Que lle pasa a Mucha que moito se mete ca Coruña?. Habendo cidades en Galicia, vai e tócanos a nos. Saudos dende Lla Coruña.
» Foi así... tocóulle. Non o fan por mal, só que teñen familia alí e son algo estiradas. É unha cuestión delas, eu aí non che podo dicir máis...
Un bico e non llo tomedes moi en serio
25. Touriñan, ¿ves algunha similitude entre as Cantareiras e os políticos galegos?. Saudos.
» Deixasme tonto... Non sei que contestar
Perdoade por non respostar a todas as preguntas... non dou tecleado!
Moitos bicos e apertas, escribímos outro día.
Grazas a todos/as
É ou non é!